A Axencia convoca anualmente o premio AGADER ás iniciativas de desenvolvemento rural coa finalidade de premiar aquelas iniciativas que fomenten a xeración dunha sociedade rural máis viva e cohesionada.
VIDEO DA ENTREGA DA VII EDICIÓN DOS PREMIOS AGADER
14 07 2010
REVISTA DE PRENSA DA VII EDICIÓN DOS PREMIOS AGADER
20 07 2010
Máis información >>
NO ACTO DE ENTREGA DA VII EDICIÓN DOS PREMIOS AGADER FEIJÓO DESTACA OS ’NOVOS INSTRUMENTOS’ DA XUNTA PARA INCREMENTAR A FORZA DO MEDIO RURAL GALEGO E DESBOTA ’VISIÓNS PATERNALISTAS’
15 07 2010
- “Fronte a visións paternalistas é preciso darlle protagonismo a medidas valentes e imaxinativas que nos permitan saír das dificultades e seguir adiante”, asevera
- Avoga por potenciar o medio rural e por iso, remarca, “cada una das nosas preocupacións vai seguida dunha decisión”
- Pon como exemplo a aprobación dun Plan para o sector lácteo con máis de 800 millóns de euros; a posta en marcha da marca de calidade do leite galego; a renovación da Lei de Montes; a creación dunha nova figura de xestión forestal ou outras iniciativas encamiñadas a reducir a fenda entre o rural e o urbano
- “O noso sector primario foi desventurado en moitos momentos do seu pasado, pero ten a fortuna de poder ambicionar un porvir esperanzador”, sinala
- Salienta que para conseguir este futuro “cómpre ter presente que cando falamos do rural falamos de moitas cousas: de agricultura, de gandería e de aproveitamento forestal pero, por riba de todo, falamos de persoas”
- Felicita aos galardoados hoxe cos Premios Agader –Casa Museo A Solaina, Sociedade Agraria de Transformación Monte Trabada, ASPANAES, SAUDETER, APACAF e CAURELOR- “por facer do rural un lugar máis
Máis información>>