Agader ten atribuída a función de fomento e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, para mellorar as condicións de vida e evitar o despoboamento dese territorio. Entre outras accións, o apoio de Agader a estes obxectivos materialízase ao través da concesión de subvencións, en réxime de concurrencia competitiva, para actuacións de diferente natureza que teñan incidencia sobre o emprego e a renda das zonas rurais e que, en definitiva, contribúan á diversificación económica e á modernización e posta en valor das zonas rurais.
SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA PERIODO 2011-2012
13 06 2011
Resolución do 23 de maio de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anuncia a convocatoria para o período 2011-2012.
Máis información >>
Resolución do 14 de novembro de 2011 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao periodo 2011.
Resolución >>
Documento de anexos >>
SUBVENCIÓNS AOS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL BENEFICIARIOS DO PROGRAMA LEADER, + PARA FINANCIAR OS XUROS XERADOS NO ANO 2010 POLAS PÓLIZAS DE CRÉDITO SUBSCRITAS POR ESTES, PARA FACER FRONTE AO PAGAMENTO AOS BENEFICIARIOS FINAIS
25 01 2011
Acordo do Consello de Dirección de Agader do 3 de decembro de 2010, polo que se conceden subvencións aos grupos de acción local beneficiarios do programa Leader + para financiar os intereses das pólizas de crédito subscritas por estes para facer fronte ao pagamento aos beneficiarios finais.
Máis información >>
Resolución do 19 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade aos beneficiarios da axuda concedida aos grupos de acción local beneficiarios do programa Leader + para financiar os xuros xerados polas pólizas de crédito subscritas por estes para facer fronte ao pagamento aos beneficiarios finais.
Máis información >>
SUBVENCIÓNS PARA A EXTENSIÓN DE REDES TRONCAIS DE ALTA CAPACIDADE EN POBOACIÓNS RURAIS DE GALICIA
05 07 2010
Resolución do 29 de xuño de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a extensión de redes troncais de alta capacidade en poboacións rurais de Galicia, cofinanciadas con Feader, e se convocan as correspondentes ao ano 2010.
Para aclarar algunhas cuestións sobre as convocatorias e bases de axuda para a extensión de redes de banda larga prema nesta ligazón >>.
Resolución da convocatoria de Subvencións para a Extensión de Redes Troncais de Alta Capacidade en Poboacións Rurais de Galicia 2010 (Procedemento MR705B-2010).
Resolución de 8 de novembro de 2010 pola que se modifican as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a extensión de redes troncais de alta capacidade en poboacións rurais de Galicia, cofinanciadas con Feader, e se convocan as correspondentes ao ano 2010 (prema nesta ligazón para descargar).
SUBVENCIÓNS PARA A EXTENSIÓN DE REDES DE ACCESO DE BANDA LARGA NO ÁMBITO RURAL DE GALICIA
23 06 2010
Resolución do 11 de xuño de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a extensión de redes de acceso de banda larga no ámbito rural de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Resolución da convocatoria de Subvencións para a Extensión de Redes de Acceso de Banda Larga no Ámbito Rural de Galicia 2010 (Procemento MR705A-2010)
Resolución do 10 de novembro de 2010 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no marco do Plan Director de Banda Larga de Galicia 2010-2013 (prema nesta ligazón para descargar).
SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA 2009-2010
24 12 2009
Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.
Corrección de erros.- Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.
Mais información >>
Resolución do 17 de febreiro de 2010 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes previsto na Resolución do 15 de decembro de 2009 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2010.
Mais información >>
Resolución do 20 de agosto de 2010, pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos vinculados aos proxectos subvencionados no marco da Resolución do 15 de decembro de 2009, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia e se anuncia a convocatoria 2010, e se incrementa a dotación orzamentaria aprobada inicialmente.
Mais información >>
Resolución do 15 de setembro de 2010 pola que se fai público o resultado do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao ano 2010.
Mais información >>
Documento de anexos >>
© Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería do Medio Rural
Información mantida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural - AGADER
Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela
Tel: 981 547 354 - Fax: 981 547 381