Fondo AGADER

Menú de navegación

METODOLOXIA

LEADER

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “procesos de abaixo cara a arriba”. A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian..., son tomadas nese mesmo ámbito por unións (partenariados) de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Implica unha formulación  multisectorial, tanto na dimensión económica, non só o sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais....

Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón como novos xeitos de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades... Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.


LEADER

Normativas

Neste apartado pode consultar a normativa comunitaria, estatal e autonómica relacionada co LEADER.


Tipo:  


Normativa Comunitaria

REGULAMENTO (CE) Nº 1396/2007 DA COMISIÓN de 28 de novembro de 2007 que corrixe o Regulamento (CE) nº 1975/2006
27 11 2007

REGULAMENTO (CE) Nº 1396/2007 DA COMISIÓN de 28 de novembro de 2007 que corrixe o Regulamento (CE) nº 1975/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedimentos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural

MAPA DE AXUDAS REXIONAIS 2007-2013
20 12 2006

Axuda estatal Nº 626/2006 - España. Mapa de axudas rexionais 2007-2013

REGULAMENTO (CE) Nº 1974/2006 DA COMISIÓN de 15 de dicembro de 2006 (aplicación FEADER)
15 12 2006

REGULAMENTO (CE) Nº 1974/2006 DA COMISIÓN de 15 de dicembro de 2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

REGULAMENTO (CE) Nº 1998/2006 DA COMISIÓN de 15 de dicembro de 2006 (axudas MINIMIS)
15 12 2006

REGULAMENTO (CE) Nº 1998/2006 DA COMISIÓN de 15 de dicembro de 2006 relativo á aplicación dos artígos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis

REGULAMENTO (CE) Nº 1975/2006 DA COMISIÓN de 7 de decembro de 2006
07 12 2006

REGULAMENTO (CE) Nº 1975/2006 DA COMISIÓN de 7 de decembro de 2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedimentos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural

REGULAMENTO (CE) Nº 1320/2006 DA COMISIÓN de 5 de setembro de 2006 (Transicion Feader)
05 09 2006

REGULAMENTO (CE) Nº 1320/2006 DA COMISIÓN de 5 de setembro de 2006 polo que se establecen normas para a transición á axuda ao desenvolvemento rural establecida nº Regulamento (CE) no 1698/2005 do Consello

Documentos

CORRECCIÓN DE ERROS DO REGULAMENTO (CE) Nº 1083/2006 DO CONSELLO de 11 de xullo de 2006
31 07 2006

Corrección de erros do Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, de 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e derógase o Regulamento (CE) nº 1260/1999.

REGULAMENTO (CE) Nº 1083/2006 DO CONSELLO de 11 de xullo de 2006 (Fondos Europeos)
11 07 2006

REGULAMENTO (CE) Nº 1083/2006 DO CONSELLO de 11 de xullo de 2006 polo que se establecen as disposicións xerais  relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e se deroga o  Regulamento (CE) nº 1260/1999

DIRECTRICES SOBRE AS AXUDAS DE ESTADO DE FINALIDADE REXIONAL PARA O PERÍODO 2007-2013
04 03 2006

DIRECTRICES SOBRE AS AXUDAS DE ESTADO DE FINALIDADE REXIONAL PARA O PERÍODO 2007-2013 (2006/C 54/08).
(Texto pertinente a efectos do EEE)

REGULAMENTO (CE) Nº 1698/2005 DO CONSELLO de 20 de setembro de 2005 (FEADER)
20 09 2005

REGULAMENTO (CE) Nº 1698/2005 DO CONSELLO de 20 de setembro de 2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

REGULAMENTO (CE) Nº 1290/2005 DO CONSELLO, de 21 de xuño de 2005
21 06 2005

REGULAMENTO (CE) Nº 1290/2005 DO CONSELLO, de 21 de xuño de 2005, sobre a financiación da Política Agrícola Común (PAC)

Normativa Estatal

REAL DECRETO 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003
21 07 2006

REAL DECRETO 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. («BOE» 176, do 25-7-2006.)

Documentos

LEI 38/2003 XERAL DE SUBVENCIÓNS do 17 de novembro de 2003
17 11 2003

LEI 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. («BOE» 276, do 18-11-2003.)

Normativa Autonómica

LEI 9/2007 DE SUBVENCIÓNS DE GALICIA de 13 de xuño de 2007
13 06 2007

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PLAN GALEGO DE CONTROIS - FEADER

O Plan Galego de Controis FEADER establece principios básicos e disposicións particulares en materia de planificación e execución dos controis nas medidas de desenvolvemento rural incluídas no PDR de Galicia.

Copyright, enderezo, contacto e política de privacidade