O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “procesos de abaixo cara a arriba”. A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian..., son tomadas nese mesmo ámbito por unións (partenariados) de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Implica unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só o sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais....
Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón como novos xeitos de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades... Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.
Consulte os documentos da fase de preparación do programa Leader de Galicia 2007-2013.
Páxina 1
Programa Leader de Galicia 2007-2013
Consulte o texto da convocatoria do programa Leader de Galicia 2007-2013 (DOG nº115, do 16 de xuño de 2008) así como os documentos relacionados.
O prazo para a presentación de candidaturas rematou o 16 de setembro de 2008.
Páxina 1
© Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería do Medio Rural
Información mantida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural - AGADER
Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela
Tel: 981 547 354 - Fax: 981 547 381