Fondo AGADER

Menú de navegación

METODOLOXIA

LEADER

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “procesos de abaixo cara a arriba”. A estratexia ou programa de desenvolvemento defínese no ámbito local ou comarcal e as decisións, liñas que se propoñen, proxectos que se financian..., son tomadas nese mesmo ámbito por unións (partenariados) de axentes públicos e privados, os chamados Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Implica unha formulación  multisectorial, tanto na dimensión económica, non só o sector primario, como no resto de dimensións sociais: equipamentos, servizos e dotacións públicas, patrimonio cultural, medioambiente, relacións sociais....

Incorpórase a innovación como un elemento relevante, non entendida unicamente como elemento tecnolóxico, senón como novos xeitos de enfrontar os procesos no territorio, a solución de problemas, a participación e implicación da poboación, a satisfacción das necesidades... Un último elemento definitorio da metodoloxía LEADER é o traballo en rede e a cooperación entre territorios xa que a aposta por un medio rural vivo pasa por establecer alianzas entre os distintos territorios rurais.


LEADER

Programas anteriores

Neste apartado pode consultar a execución dos programas anteriores ao período 2007-2013. Estes programas son o PRODER II, LEADER+ e AGADER no período 2000-2006 e o LEADER II e PRODER no período 1994-1999.

 

Programas 2000-2006PRODER II, LEADER+ e AGADER

[datos de contacto dos Grupos de Acción Local]  

   

    PRODER II

 

    LEADER+

 

    AGADER

 

Programas 1994-1999: LEADER II e PRODER

Os datos corresponden ao peche dos programas (30.06.02)
 

    PRODER

 

    LEADER II

Copyright, enderezo, contacto e política de privacidade