A Lei 4/2006, de 30 de xuño, regula a transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Esta lei favorece o dereito dos cidadáns a coñecer a actividade da Administración e a controlar as decisións administrativas. Enténdese que unha opinión pública informada contribúe a definir e realizar accións públicas respectuosas co interese xeral e, por este motivo, incentívase e facilítase o acceso á información administrativa aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías como canles de transmisión e de difusión.
En cumprimento coa citada Lei de transparencia e boas prácticas, desde esta sección pode acceder á contratación, convenios, axudas e programas de actuación que desenvolve AGADER.
© Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería do Medio Rural
Información mantida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural - AGADER
Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela
Tel: 981 547 354 - Fax: 981 547 381