Para realizar as buscas utilízase o buscador Lucene. Este buscador é de uso libre e gratuíto e está configurado para realizar buscas sobre calquera documento en PDF, texto, html e textos contidos nas páxinas do portal, a condición de que o usuario teña acceso a esta información.
Calquera consulta sobre o buscador pode utilizar termos e operadores. Os termos pódense utilizar de forma independente e os operadores deben utilizarse conxuntamente con termos.
Pódense utilizar termos simples como “casa”, “camión”, etc. ou ben frases máis complexas como “turismo rural en Galicia”. No caso de introducir frases enteiras deben estar delimitadas por comiñas duplas.
É posible combinar termos e operadores para realizar buscas máis complexas. Isto explícase noutro apartado posterior.
Lucene admite buscas de termos simples con un ou varios comodíns. A lista de comodíns dispoñibles é a seguinte:
“?” : Substitúe calquera carácter na posición en que se introduza.
Ex: Se introduce “ca?a” o buscador podería devolver como resultado textos que conteñan as palabras caza e casa
“*” : Substitúe calquera cadea de caracteres a partir da posición en que se atopa
Ex: Se introduce “c*usa” o buscador podería devolver como resultado textos que conteñan as palabras cousa, casa e causa. Se introduce cas* o buscador poderíalle devolver textos que conteñan as palabras casa, caseta e casiña.
Nota: Non é posible utilizar os símbolos * ou ? como primeiro carácter do termo.
Lucene admite procuras difusas a partir do algoritmo de Distancia Levenshtein ou Distancia de edición. Para realizar buscas difusas pode utilizar o til de nasalidade ou símbolo "~", no fin dunha palabra simple ou termo.
Ex: Para localizar un termo similar a casa pode utilizar a expresión: “casa~"
Lucene admite a localización de palabras que estean separadas por unha distancia determinada. Para realizar buscas de proximidade pode utilizar o til de nasalidade (símbolo ~), no fin dunha frase.
Ex: Para localizar nun documento "apache" e jakarta ~ con 10 palabras de distancia entre cada unha pode utilizar a expresión "jakarta apache" ~10
Ao realizar as buscas pode utilizar operadores booleanos combinados con termos ou frases. Os operadores booleanos permitidos son:
OR: Permite combinar dous ou máis termos para realizar unha busca. Este operador devolve resultados satisfactorios cando se encontra algún dos termos da condición. Por exemplo, con este operador poderiamos buscar os textos que conteñan algún dos termos da condición “turismo rural” OR galicia
AND: Permite combinar dous ou máis termos para realizar unha busca. Neste caso deben existir todos os termos da condición para que a busqueda devolva resultados. Por exemplo, con este operador poderiamos buscar os textos que conteñan os termos da condición “turismo rural” AND galicia
NOT: Este operador devolve como resultado os textos que non conteñan a frase ou termo indicado a continuación do operador NOT. Por exemplo, se introducimos NOT “turismo rural” devolverá todos os textos que non conteñan estas palabras.
© Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería do Medio Rural
Información mantida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural - AGADER
Rúa dos Camiños da Vida s/n, edificio Witland 2ºA e 2ºC, 15705 - Santiago de Compostela
Tel: 981 547 354 - Fax: 981 547 381