Fondo AGADER

Menú de navegación

Utilidades

FAQs

A continuación, ten á súa disposición unha lista das preguntas frecuentes (FAQs). Esperamos resolver as súas dúbidas dunha forma simple e clara. Para obter información sobre calquera dúbida que non se atope nesta lista pode contactar por correo electrónico a infoagader%correo%xunta.es


Páxina 1

SOBRE O FUNCIONAMENTO DO GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL (GDR)

1. Cales son as funcións do GDR?

O GDR elaborará un programa de desenvolvemento, no que se inclúan as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do territorio dende o punto de vista produtivo, económico, dotacional e social. Esta estratexia presentarase á convocatoria do programa Leader Galicia para o período 2007-2013, que publicará Agader en maio do 2008. Co fin de axudar aos GDR na definición desta estratexia está dispoñíbel o documento “Guía práctica para a elaboración das candidaturas dos GDR”.

O GDR contará asemade cunha estrutura técnica que se dedique a labores de:

  • Mobilización, animación e dinamización
  • Promoción e captación de iniciativas
  • Maduración dos proxectos e apoio aos promotores
  • Apoio técnico para a selección de proxectos
  • Acompañamento dos promotores na evolución posterior dos proxectos

Páxina 1

Copyright, enderezo, contacto e política de privacidade